Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2012 Páx. 7290

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de oferta de emprego público para 2011.

Con data do 30 de decembro de 2011, a Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria, adoptou o seguinte acordo:

«1.º Aprobar a oferta de emprego público do Concello de Vigo para o ano 2011, integrada polas seguintes 16 prazas vacantes:

a) Persoal funcionario: 12 prazas.

Técnico/a de Administración xeral. Número de vacantes: 2. Grupo A1. Escala Administración xeral. Subescala técnica. Clase superior. Quenda de acceso: libre.

Policía. Número de vacantes: 2. Grupo C1. Escala Administración especial. Subescala servizos especiais. Clase policía local. Quenda de acceso: libre.

Bombeiro/a. Número de vacantes: 2. Grupo C2. Escala Administración especial. Subescala servizos especiais. Clase extinción de incendios. Quenda de acceso: libre.

Inspector/a obras, servizos e infraestruturas. Número de vacantes: 1. Grupo C1. Escala Administración especial. Subescala servizos especiais. Clase cometidos especiais. Quenda de acceso: promoción interna.

Administrativo/a de Administración xeral. Número de vacantes: 2. Grupo C1. Escala Administración xeral. Subescala administrativa. Quenda de acceso: promoción interna.

Auxiliar Administración xeral. Número de vacantes: 2. Grupo C2. Escala Administración xeral. Subescala auxiliar. Quenda de acceso: promoción interna.

Técnico mantemento informática. Número de vacantes: 1. Grupo C1. Escala Administración especial. Subescala servizos especiais. Clase cometidos especiais. Quenda de acceso: promoción interna.

b) Persoal laboral: 4 prazas (1 de capataz e 3 de oficial de oficios).

Capataz. Número de prazas: 1. Quenda de acceso: promoción interna.

Oficial condutor. Número de prazas: 2. Quenda de acceso: promoción interna.

Oficial xardineiro. Número de prazas: 1. Quenda de acceso: promoción interna.

2.º De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, resérvase 1 praza (7% das 6 prazas ofertadas pola quenda libre e das 10 reservadas por promoción interna), para persoas con discapacidade:

– Unha praza de auxiliar de Administración xeral, da quenda de promoción interna».

Vigo, 3 de febreiro de 2012.

Carlos López Font
Concelleiro delegado de Xestión Municipal