Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2012 Páx. 7292

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comandancia da Garda Civil de Lugo

RESOLUCIÓN da Comandancia da Garda Civil de Lugo pola que se anuncia unha poxa de armas.

Ás 10.00 horas do día 19 de marzo de 2012 terá lugar nas dependencias desta Comandancia, sita na praza Bretaña, s/n, poxa pública de armas na modalidade de prego pechado, que se compoñerá de 433 lotes, cada un deles dunha soa arma. Poderán licitar todas as persoas físicas ou xurídicas que se encontren autorizadas para posuír as armas de que se trate. Os lotes e condicións da poxa serán expostos ao público en dependencias do citado acuartelamento os días 12 ao 16 do mes de marzo, das 9.30 ás 13.00 horas.

Lugo, 2 de febreiro de 2012.

Gonzalo Borrás Formoso
Tenente coronel xefe