Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2012 Páx. 7247

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude para o recoñecemento, en concreto, da utilidade pública da instalación solar fotovoltaica Seteventos I (2,9 MW) xunto coas súas liñas de evacuación, nos concellos do Saviñao e Pantón (expediente 002/2012 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE número 285) e polo Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalación de enerxía eléctrica (BOE número 310), sométese a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións eléctricas que se citan:

Peticionaria: Solidaridad Solar, S.L.

Enderezo: Pol. Ind. O Peago, 19 Escairón. C.P. 27540 O Saviñao (Lugo).

Denominación: instalación solar fotovoltaica Seteventos I (2,9 MW).

Situación: concellos do Saviñao e Pantón (Lugo).

A citada instalación de xeración de enerxía eléctrica, xunto coa súa liña de evacuación, foi autorizada administrativamente, aprobada e incluída no réxime especial de produción de enerxía eléctrica mediante resolución da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, con data do 11 de decembro de 2009 (DOG número 49, do 12 de marzo de 2010).

Por Resolución do 21 de outubro de 2011, desta xefatura territorial, autorizouse e aprobouse o modificado da liña de evacuación da instalación (exp. IN 407A 2011/72-2, 7910 A.T.), (DOG número 220, do 17 de novembro).

A declaración de utilidade pública que agora se solicita para esas instalacións e as súas liñas de evacuación, de acordo co artigo 51 da Lei do sector eléctrico e o artigo 143 do seu regulamento, levará implícita, en todo caso, segundo o sinalado no artigo 54 da citada Lei 54/1997, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE número 351).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria expropiación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións dirixidas a esta xefatura territorial, situada no edificio administrativo da Xunta de Galicia, rolda da Muralla 70, 27071 Lugo, no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidera realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 20 de febreiro de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Concello de Pantón. Provincia de Lugo.

Expropiación en pleno dominio

Afeccións

N.º predio

Pol.

Parc.

Lugar

Superficie

Cultivo

Nome e apelidos

Enderezo

Pleno dominio

1

27

293

Viña da Aira

5.934 m2

Matogueira

José María Beltrán Mosquera

Emilio Beltrán Valcarce

Rúa Chantada 150, Monforte de Lemos

Rúa Benito Vicetto 70, Monforte de Lemos 

5.934 m2