Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2012 Páx. 7249

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 2 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2012002TA-LU, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 16 de xaneiro de 2012, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador n.º 2012002TA-LU, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo a Yamid Sebastian Henao Ortiz (Samba Caramba).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e ao abeiro do disposto número 5 do referido artigo, notifícaselle a Yamid Sebastian Henao Ortiz (Samba Caramba) o contido do referido acordo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo n.º 9 de Lugo, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Apercíbeselle tamén de que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 2 de febreiro de 2012.

Purificación Rivas Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

N.º de expediente: 2012002TA-LU.

Denunciado: Yamid Sebastian Henao Ortiz (Samba Caramba).

DNI/NIF/CIF/NIE: X4341883N.

Último enderezo coñecido: rúa Castelao, núm. 63, 4.º I, Lugo.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigos 7.u) e 19.3.b) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Tipificación provisional: grave.

Sanción proposta: seiscentos un euros (601 euros).