Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2012 Páx. 7235

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Bergondo (expediente IN407A 336/2011).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: alimentación M.T. rúa Parroquia de Rois, Nosinyec.

Situación: concello de Bergondo.

Características técnicas:

– Liña eléctrica subterránea de media tensión a 15/20 kV, cunha lonxitude de 7,377 km, coa orixe en cela de liña existente na subestación de Bergondo, condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV-3(1×240 Al), e final en cela de liña existente no C.T. polígono de Bergondo n.º 1.

– Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,027 km, coa orixe en paso aéreo-subterráneo existente da L.M.T. a C.T. polígono de Bergondo n.º 5, condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3(1×240 Al), e final en cela de liña proxectada no C.T. polígono de Bergondo n.º 5.

Adecuación centro de transformación non prefabricado polígono de Bergondo n.º 5, instalando un conxunto de celas modulares 4L+1P, telecontroladas con illamento SF6. Concello de Bergondo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 3 de febreiro de 2012.

Por vacante (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009, DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial