Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: recuamento L.M.T. Castro de Elviña (1.ª fase).
Situación: concello da Coruña.
Características técnicas:
– Liña eléctrica de media tensión subterránea EIR-717 Castro de Elviña a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,048 km, con orixe en empalmes proxectados na L.M.T.S. EIR-717, tramo entre a subestación de Eirís e o C.D. Servizos Comúns, condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20kV 3(1×240 Al), e final no paso aerosubterráneo para realizar en apoio proxectado, que se intercalará na L.M.T. EIR-717, tramo entre a subestación de Eirís e o C.D. Servizos Comúns.
– Liña eléctrica de media tensión subterránea EIR-711 Castro de Elviña a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,048 km, con orixe en empalmes proxectados na L.M.T.S. EIR-711, tramo entre a subestación de Eirís e o C.T. Elviña, condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20kV 3(1×240 Al), e final no paso aerosubterráneo para realizar en apoio proxectado, que se intercalará na L.M.T. EIR-711, tramo entre a subestación de Eirís e o C.T. Elviña. Concello da Coruña.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 2 de febreiro de 2012.
Por vacante (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009, DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial