Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2012 Páx. 7076

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Sanidade

ORDE do 6 de febreiro de 2012 pola que se dispón o cesamento, por petición propia, dun membro do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia.

Os comités éticos de investigación clínica constitúen órganos especializados aos que corresponde informar todos aqueles ensaios clínicos que se realicen dentro do seu ámbito territorial.

Con carácter xeral, os ensaios clínicos e os comités éticos de investigación clínica regúlanse na nosa Comunidade Autónoma no Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, polo que se regula a realización de ensaios clínicos na Comunidade Autónoma de Galicia, ademais de polo Real decreto 223/2004, do 6 de febreiro, polo que se regulan os ensaios clínicos con medicamentos.

O Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia creouse pola Orde do 11 de xullo de 1996, a cal dispón no seu artigo 3 que a composición do dito comité axustarase ao establecido no Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, debendo ser os seus membros nomeados por orde da Consellería de Sanidade.

De acordo co anterior, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e pola Lei 2/2007, do 27 de xullo, e conforme o establecido no artigo 3 da Orde do 11 de xullo de 1996,

DISPOÑO:

Artigo único.

Que cese, por petición propia, como membro do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, a persoa que se relaciona no anexo desta orde.

Disposición derrogatoria única.

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto nesta orde.

Disposición final única.

Esta orde entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2012.

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Cesamento de Fernando Tato Herrero, médico especialista en Farmacoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.