Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2012 Páx. 7078

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 80/2012, do 23 de febreiro, polo que se nomean membros do Consello Asesor de RTVE en Galicia.

De acordo co establecido no artigo 8.2 da Lei 10/1983, do 9 de decembro, reguladora do Consello Asesor de RTVE en Galicia, e de conformidade coas designacións efectuadas polo Parlamento de Galicia na súa sesión plenaria do día catorce de febreiro de dous mil doce,

DISPOÑO:

Nomear membros do Consello Asesor de RTVE en Galicia, logo do coñecemento do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e tres de febreiro de dous mil doce, as seguintes persoas:

– Marcos Gómez Román.

– Jacobo Varela Suanzes-Carpegna.

Santiago de Compostela, vinte e tres de febreiro de dous mil doce.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza