Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6821

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2012 pola que se convoca a Xornada sobre as instrucións de desenvolvemento da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e do medio rural de Galicia, na redacción dada pola Lei 2/2010, do 25 de marzo.

Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para o ano 2012 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase, en colaboración co Colexio de Arquitectos de Galicia e a Dirección Xeral de Administración Local, a Xornada sobre as instrucións de desenvolvemento da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e do medio rural de Galicia, na redacción dada pola Lei 2/2010, do 25 de marzo, conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Difundir as catro instrucións de desenvolvemento da LOUG, os requisitos, o seu procedemento para facelas efectivas, e os efectos.

2. Contidos.

Serán tratados, entre outros, os seguintes temas:

– Instrución 1/2011, do 12 de abril, para a aplicación da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

– Instrución 2/2011, do 12 de abril, para a aplicación da disposición transitoria terceira da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2001, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sobre edificacións sen licenza.

– Instrución 3/2011, do 12 de abril, para a aplicación da disposición transitoria décimo terceira da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, na redacción dada pola Lei 2/2010, do 25 de marzo.

– Instrución 4/2011, do 12 de abril, sobre a metodoloxía de cálculo do grao de consolidación edificatoria na delimitación do solo de núcleo rural, ao abeiro do disposto na Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

3. Destinatarios.

Arquitectos, técnicos das diferentes administracións públicas vinculados co urbanismo e interesados en xeral.

4. Desenvolvemento.

Esta xornada desenvolverase na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) o día 2 de marzo de 2012.

Duración: 6 horas lectivas, en horario de mañá e tarde.

5. Número de prazas.

Limitado pola capacidade do local.

6. Solicitudes.

Inscrición e pagamento de dereitos no COAG.

7. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o mércores 29 de febreiro de 2012.

8. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento desta xornada, así como a facultade de cancelala se o escaso número de solicitudes non xustifica a súa realización.

9. Certificado de asistencia.

Entregarase un certificado de asistencia, ao final da xornada, a aquelas persoas inscritas que participen asiduamente, e sempre que a súa asistencia sexa igual ou superior ao 85% das horas lectivas programadas. Neste documento aparecerán de forma expresa o contido, a data e o lugar de realización desta xornada.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2012.

Pablo Figueroa Dorrego
Director da Escola Galega de Administración Pública