Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6967

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de aprobación inicial da addenda número 5 ao inventario de camiños municipais en núcleos rurais.

O Pleno da Corporación Municipal, na sesión ordinaria do 26 de decembro de 2011, aprobou inicialmente a addenda n.º 5 ao inventario de camiños municipais en núcleos rurais mediante o acordo que ten o seguinte contido literal:

«1.º Aprobar a addenda n.º 5 ao inventario de camiños municipais en núcleos rurais redactada por Lagares Enxeñería, S.L. en setembro de 2011, que ten por obxecto actualizar o dito inventario incluíndo, eliminando ou modificando os camiños que figuran nela.

2.º Someter o expediente á información pública por un prazo de trinta días mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de edictos do concello e nun dos xornais de maior tirada da provincia».

O que se fai público para o xeral coñecemento e para que as persoas interesadas presenten as alegacións, reclamacións e suxestións que consideren convenientes, en cumprimento do estipulado pola lexislación vixente.

O Porriño, 4 de xaneiro de 2012.

José Nelson Santos Argibay
Alcalde