Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6968

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública (expediente AM/03/12).

Indusal Rías Baixas, S.A. solicitou da Alcaldía licenza municipal de acondicionamento e actividade para a apertura dun establecemento dedicado a lavandaría industrial, que se situará no Polígono Industrial As Gándaras, parcela 88, desta localidade. En cumprimento do disposto no artigo 8.3.º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese á información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que empezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra– as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente AM/03/12, na Sección de Urbanismo deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

O Porriño, 20 de xaneiro de 2012.

José Nelson Santos Argibay
Alcalde