Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6933

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 31 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o inicio do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social RL 2011/707-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que se puidese efectuar, esta xefatura territorial resolve notificar por este medio, de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte á súa publicación no DOG, durante o que poderán exercer o dereito de audiencia do expediente, previo á resolución na Xefatura Territorial da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente: RL 2011/707-1.

Acta inf. n.º: I152011000177719.

Empresa: Manuel Eduardo Caramés Castro.

NIF: 76317886E.

Enderezo: rúa Pedroso, 43, 15007 A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene (falta documentación preventiva).

Normativa infrinxida: artigos 4.2.d) e 19 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo; e artigos 14, 16, 18, 19, 22, 30 e 31 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, en relación cos artigos 1 a 10, ambos inclusive, do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro.

Tipificación: artigos 5.2 e 12.a) e b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, (falta grave en grao mínimo).

Proposta de sanción: 2.046 €.

Documentos que constan no expediente:

– Acta de infracción.

– Xustificantes das notificacións.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2012.

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña