Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6935

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 31 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2011/472-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselles a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Fáiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Relacións Laborais, advertíndolle que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro 2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente: RL 2011/472-1.

Acta inf. n.º: I152011000115374.

Empresa: Zhou Ruwei.

NIF: X3443990Q.

Enderezo: rúa Pintor Pérez Villamil, 49 baixo, 15403 Ferrol.

Materia: seguridade e hixiene (falta materia preventiva).

Normativa infrinxida: artigos 14, 15 e 16 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, e artigo 1 e concordantes do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro.

Tipificación: artigo 12.1.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 28.12.2011.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á Zhou Ruwei unha sanción por importe de dous mil corenta e seis euros (2.046 €).

A Coruña, 31 de xaneiro de 2012.

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña