Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6847

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011 (DOG número 142, do 26 de xullo), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 20 de febreiro de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 11 de outubro de 2011 e modificado pola Orde do 16 de novembro de 2011 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Rexeitar todas as reclamacións presentadas sobre as puntuacións do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Segundo. Convocar os aspirantes que superaron o primeiro exercicio á realización da primeira proba do segundo exercicio que terá lugar o día 27 de febreiro de 2012, ás 16.00 horas, nas aulas 11 e 17 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita na rúa de Madrid n.º 2-4, As Fontiñas, Santiago de Compostela.

Terceiro. Convocar os aspirantes que a continuación se relacionan -que non acreditaron en prazo posuír o Celga 4, curso de perfeccionamento de galego ou equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (publicada no DOG número 146, do 30 de xullo) para a realización da segunda proba do segundo exercicio do proceso selectivo, que terá lugar no mesmo día e lugar (aula 11) unha vez rematada a primeira proba.

Relación de aspirantes convocados:

NIF

Apelidos e nome

53532978H

Barroso Ruiz, José Antonio

35323709X

Fernández Baladrón, Pablo

33996376F

García Rapa, Juan Luis

44838576F

Matalobos González, Javier

32761466J

Mato Gómez, José Ramón

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realizará o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poidan valer os aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Cuarto. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra estes acordos poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, consonte o previsto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2012.

M.ª José García Sexto
Presidenta do tribunal