Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2012 Páx. 6746

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballeda de Avia

ANUNCIO de información pública sobre licenza de actividade de ampliación de explotación avícola.

Dolores García Mosquera solicitou licenza de actividade para proceder á ampliación dunha explotación avícola. De conformidade co disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública, polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que empezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, poida examinarse o expediente, na Secretaría deste concello, co fin de que as persoas interesadas poidan formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Carballeda de Avia, 30 de xaneiro de 2012.

Luis Milia Méndez
Alcalde