Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2012 Páx. 6735

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 31 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública unha notificación de resolución de expediente sancionador (PESAN1 2011/000163-2).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), notifícase á persoa que a continuación se relaciona a resolución do expediente instruído por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para examinar o expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

O expediente relacionado a seguir atópase á disposición dos interesados na citada Xefatura Territorial de Lugo, a través da súa Xefatura de Coordinación da Área do Mar, avda. Ramón Canosa, s/n, 27863 Viveiro.

N.º de expediente: PESAN1 2011/000163-2.

Denunciado: Santiago Garaizabal Valle.

DNI: 05404505-B.

Enderezo: r/ Doctor Juan José López, 8, 1.º dta. Madrid.

Precepto infrinxido: 137.B.11.

Sanción: 180 euros.

De conformidade co previsto na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG n.º 235, do 5 de decembro), os importes das devanditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ao seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario o interesado deberá recoller na antedita Xefatura Territorial da Consellería do Mar o documento de ingreso correspondente.

Se cumpren os requisitos previstos no artigo 151 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, poderán solicitar, no prazo dun mes contado a partir da firmeza da presente resolución, a suspensión condicional da execución da sanción imposta, mediante escrito motivado en que manifeste o compromiso de aterse ás condicións que para o seu outorgamento se establezan, co fin de garantir, durante o prazo de suspensión un comportamento de respecto á normativa reguladora da actividade pesqueira.

Viveiro, 31 de xaneiro de 2012.

Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo