Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2012 Páx. 6711

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de limpeza da Casa do Mar de Burela (Lugo).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Lugo.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Xefatura Territorial de Lugo.

2. Enderezo: rolda da Muralla, 70-baixo.

3. Localidade e código postal: Lugo 27071.

4. Teléfono: 982 29 41 01.

5. Fax: 982 29 49 74.

6. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es

7. Data límite da obtención da documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

d) N.º de expediente: 13/2012.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación do servizo de limpeza da Casa do Mar de Burela (Lugo).

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución: rúa Rosalía de Castro s/n, 27880 Burela.

e) Prazo de execución: 2 anos.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 90911200.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: ver prego.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: corenta e oito mil euros (48.000 €).

IVE (18%): oito mil seiscentos corenta euros (8.640 €).

Importe total: cincuenta e seis mil seiscentos corenta euros (56.640 €).

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: ver prego cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas e de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: as ofertas pódense presentar en man ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral do edificio administrativo da Xunta de Galicia de Lugo.

2. Enderezo: rolda da Muralla, 70-baixo.

3. Localidade e código postal: Lugo 27071.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Xefatura Territorial.

b) Enderezo: rolda da Muralla, 70-baixo.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: oitavo día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación das ofertas.

e) Hora: ás 10.00 horas.

9. Gastos de publicidade: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

10. Outras informacións: ver os pregos.

Lugo, 31 de xaneiro de 2012.

Antonio Dacal López
Xefe territorial de Lugo