Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2012 Páx. 6709

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello das Somozas (expediente IN407A 24/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE núm. 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. e C.S. Lugar do Pereiro.

Situación: concello das Somozas.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea n.º 1, subestación As Somozas-C.S. As Somozas proxectado, a 20 kV, cunha lonxitude de 1,701 km, coa orixe en cela de liña existente na subestación das Somozas (expte.: 125/06), condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV, 3(1×240 Al), e final en cela de liña no C.S. As Somozas proxectado.

Liña eléctrica de media tensión subterránea n.º 2, subestación As Somozas-C.S. As Somozas proxectado, a 20 kV, cunha lonxitude de 2,953 km, coa orixe en cela de liña existente na subestación das Somozas (expte.: 125/06), condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV, 3(1×240 Al), e final en celas de liña no C.S. As Somozas proxectado, coa entrada/saída nos CC.TT. proxectados, n.º 1 e n.º 2.

Liña eléctrica de media tensión subterránea C.S. As Somozas proxectado-L.M.T.A. existente SOM-802 (expte.: 129/96), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,083 km, coa orixe en cela de liña telecontrolada no C.S. As Somozas proxectado, condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV, 3(1×240 Al), e final na L.M.T.A. SOM-802, en apoio celosía existente (expte.: 129/96).

Centros de transformación n.º 1 e n.º 2, cunha potencia de 400 kVA c/u, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 kV.

Centro de seccionamento prefabricado Lugar do Pereiro, 3L manobra exterior. Concello das Somozas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 13 de febreiro de 2012.

Por vacante (Artigo 39.3 Decreto 324/2009; DOG núm. 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial