Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2012 Páx. 6702

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 15/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 19-1.º D, 15005 A Coruña.

Denominación: novo C.T. Amieiro.

Situación: A Laracha.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea a C.T. Amieiro, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 32 m, con orixe nos empalmes proxectados coa liña de media tensión subterránea existente A Laracha-Campo da Porta (expediente 216/2007), entre o C.T. Rechousa-Gandra e o C.T. Raxido, condutor tipo R.H.Z.1-OL-12/20 kV, 3(1×240 Al), e final nas celas de liña do C.T. Amieiro proxectado.

Centro de transformación en edificio prefabricado de formigón, cunha potencia de 50 kVA, e unha relación de transformación 15.000/400-230 V.

Saídas de baixa tensión subterráneas, cunha lonxitude de 162 m, coa orixe no novo C.T. Amieiro proxectado, condutor tipo RV.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sito no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2012.

Por vacante (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009, DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do servizo de Administración Industrial

ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expte. n.º: 15/12 Concello: A Laracha Provincia: A Coruña

Novo C.T. Amieiro

N.º predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Enderezo

Afección C.T.

N.º

m2

1

Riotorto

Prado

José Esmorís Rodríguez

Praza de España (Bar Venecia) n.º 32, 15001 A Coruña

Centro transf.

80.0