Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2012 Páx. 6704

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica nos concellos de Cabanas, Mugardos, Ares e Fene (expediente IN407A 4/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. subestación Vilar do Colo enlace con L.M.T.S. Franza-Mugardos.

Situación: concellos de Cabanas, Mugardos, Ares e Fene.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, cunha lonxitude de 5,98 km, coa orixe na subestación de Vilar do Colo (expediente 52.701) e final na L.M.T.S. Franza-Mugardos (expediente IN407A 91/2011), en condutor R.H.Z.1-OL- 3×1×240 mm². Concellos de Cabanas, Mugardos, Ares e Fene.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071-A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2012.

Por vacante (Artigo 39.3 Decreto 324/2009; DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial