Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2012 Páx. 6626

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2012 pola que se anuncia a licitación dun acordo marco que se celebrará cun só empresario mediante procedemento aberto e na modalidade de poxa electrónica, para contratar a subministración eléctrica para os tres campus da Universidade de Vigo (5/11).

1. Entidade adxudicadora, datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2) Domicilio: edificio de Xerencia e Servizos Centrais, Campus As Lagoas-Marcosende.

3) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

4) Teléfono: 986 81 37 91.

5) Telefax: 986 81 38 57.

6) Correo electrónico: alabel@uvigo.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp

8) Data límite de obtención de documentación e información: 12 de marzo de 2012.

d) Número de expediente: 5/11.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración eléctrica para os tres campus da Universidade de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: 2.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Domicilio: nos puntos de consumo que se sinalan no prego de prescricións técnicas.

2) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

e) Prazo de entrega: 1 ano a partir do 1.5.2012.

f) Admisión de prórroga: 1 ano.

g) CPV: 0931000-5 e CPA-2008:35.14.10.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto na modalidade de poxa electrónica.

c) Criterios de adxudicación: prezo máis baixo. Poxa electrónica con dúas fases: 1.ª avaliación completa das ofertas; 2.ª celebración da poxa electrónica.

4. Valor estimado do contrato. Lote 1: 71.717,89 euros; lote 2: 2.060.946,36 euros.

5. Orzamento base de licitación: a) Importe neto. Lote 1: 71.717,89 euros+12.909,22 euros de IVE que hai que soportar; lote 2: 2.060.946,36 euros+370.970,34 euros de IVE que hai que soportar.

6. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5% do importe de adxudicación sen IVE de cada lote.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no apartado 13 da FRC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 19 de marzo de 2012.

b) Modalidade de presentación: papel 2 sobres A y B.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2. Domicilio: edificio de Xerencia e Servizos Centrais, pranta baixa, As Lagoas-Marcosende.

3. Localidade e código postal: Vigo, 36210.

4. Dirección electrónica: alabel@uvigo.es

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a sua oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: sesión pública para sobres B na sala de xuntas do edificio de Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.

b) Dirección: As Lagoas-Marcosende, 2.ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratista da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 2.000 euros.

Vigo, 9 de febreiro de 2012.

P.D. (Resolución 5.9.2011; DOG do 14 de setembro)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo