Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2012 Páx. 6619

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

ANUNCIO do 15 de febreiro de 2012, da Dirección Xerencia de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, polo que se procede a darlle publicidade á Resolución do 7 de novembro de 2011, pola que se regula a confección das listas de contratación temporal de técnicos superiores non sanitarios para a Unidade de Radiofármacos PET Galicia de Santiago.

A Dirección de Galaria e de conformidade co establecido na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral o do sector público autónomico de Galicia, e co establecido no artigo 12 do convenio colectivo para o persoal laboral do sector sanitario de Galicia xestionado por fundacións públicas sanitarias ou empresas públicas, e en virtude das atribucións que en materia de selección e contratación de persoal lle son conferidas polos estatutos, resolve anunciar a convocatoria para a confección dunha lista de contratación temporal de técnicos superiores non sanitarios para a Unidade de Radiofármacos PET Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados desde o seguinte á data da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados en participar na convocatoria deberán presentar solicitude, segundo o modelo de instancia anexo I (á súa disposición na páxina web: www.sergas.es) no Rexistro de Galaria, sito no Servizo Galego de Saúde, edificio administrativo San Lázaro, 3.º andar (15707 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2012.

María Luisa Brandt Sanz
Directora xerente de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.