Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2012 Páx. 6620

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2012 pola que se sinalan datas e se citan os interesados para o levantamento das actas de pagamento e ocupación dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación forzosa por taxación conxunta para a execución do proxecto sectorial do Parque Empresarial da Sionlla en Santiago de Compostela.

1. Por Resolución do director xeral de Urbanismo do 27 de novembro de 2008 aprobouse definitivamente o expediente de expropiación forzosa seguido polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución do proxecto sectorial do parque empresarial da Sionlla, no municipio de Santiago de Compostela, promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo e a empresa pública Xestur A Coruña, S.A., na súa condición de beneficiaria da expropiación.

2. De conformidade co artigo 144 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o acordo de aprobación definitiva do expediente implica a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados, e o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto.

3. Entre os meses de maio e xuño de 2009 procedeuse ao levantamento de actas de pagamento e ocupación dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación forzosa por taxación conxunta para a execución do proxecto sectorial do parque empresarial da Sionlla, quedando pendentes de levantar algunhas actas por diversos motivos.

4. Polo anterior procede fixar as datas nas que se procederá ao levantamento das correspondentes actas de pagamento e ocupación de conformidade cos artigos 49 e 55 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

5. En consecuencia, convócase e cítase aos titulares dos bens e dereitos afectados polo presente expediente para proceder ao levantamento das actas de pagamento e ocupación que se efectuarán na sede do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sito en Área Central s/n, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, os días e as horas que se indican na relación anexa á presente resolución. As actas de ocupación levantaranse a continuación da correspondente acta de pagamento, salvo que o prezo xusto tivera que ser consignado, sendo así levantaranse no mesmo lugar os días e as horas indicadas na mesma relación.

6. Para os ditos actos deberá terse en conta:

Que o pagamento do prezo xusto só se fará efectivo, consignándose no caso contrario, aos interesados que acrediten en legal forma a súa titularidade, e para tal efecto o interesado achegará certificación rexistral ao seu favor, na que conste que se estendeu a nota do artigo 32 do Regulamento hipotecario, ou, no seu defecto, os títulos xustificativos do seu dereito completados con certificación negativa do Rexistro da Propiedade referida ao mesmo predio descrito nos títulos. Se existisen cargas deberán comparecer os titulares destas (artigo 30.3 do texto refundido da Lei do solo aprobado por Real decreto lexislativo 2/2008).

Que se o expropiado non quixese aceptar o pagamento ou non achegase títulos suficientes xustificativos do dominio ou existise contenda respecto á titularidade do ben ou dereito expropiado ou, en xeral, se concorrese algún dos supostos do artigo 51 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, consignarase o importe do prezo xusto na Caixa Xeral de Depósitos (artigo 206.1 do Regulamento de xestión urbanística).

Que para o cobro do prezo xusto é necesario a comparecencia do interesado por si ou debidamente representado con poder suficiente, e no caso de que o predio o dereito pertenza a varias persoas é necesario a comparecencia de todos eles por si ou debidamente representados con poder suficiente.

Que para facilitar a confección dos documentos de pagamento e a efectividade deste é conveniente que os interesados acheguen á beneficiaria da expropiación os documentos xustificativos dos seus dereitos con anterioridade ás datas fixadas para o levantamento das actas de pagamento.

7. Notifiqueselles esta resolución aos interesados, e publíquese no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e no tablón de edictos do Concello, o que servirá de notificación aos interesados descoñecidos, aos que se ignore o lugar de notificación, ou aos que, intentada a notificación non se puidese practicar; de conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Así mesmo, notifíqueselle ao Ministerio Fiscal para os efectos do establecido no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2012.

Antonio José Boné Pina
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Actas de pagamento e ocupación dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación forzosa por taxación conxunta para a execución do proxecto sectorial do parque empresarial de A Sionlla en Santiago de Compostela.

N.º Orde

Ref. catastral

Titulares/Interesados

Sup. Expropiada (m2)

Acta de pagamento

Acta de ocupación

Data

Hora

Data

Hora

173

0511/00145

María Mosquera Boo

4.445

28.2.2010

10.30

2.3.2012

10.30

 

 

Alfredo Carollo Mosquera

 

 

 

 

 

 

Nieves Carollo Mirás

 

 

 

 

 

 

Avelino Ríos Carollo

 

 

 

 

 

 

Avelino Ríos Otero

 

 

 

 

205

0511/01166

María Mosquera Boo

2.223

28.2.2010

10.30

2.3.2012

10.30

 

Carmen Carollo Mosquera

 

 

 

 

 

 

Alfredo Carollo Mosquera

 

 

 

 

 

 

Nieves Carollo Mirás

 

 

 

 

 

 

Avelino Ríos Carollo

 

 

 

 

 

 

Avelino Ríos Otero

 

 

 

 

 

278

511/1409 (parte)

Avelino Ríos Carollo

300

28.2.2010

10.30

2.3.2012

10.30

 

 

Avelino Ríos Otero