Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2012 Páx. 6544

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 20 de xaneiro de 2012 pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2010-2011.

Advertido un erro na orde publicada no DOG número 19, do 27 de xaneiro de 2012, cómpre efectuar a seguinte modificación:

Na páxina 4097, no primeiro parágrafo, onde di: «O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte creou mediante Orde ECD/1696/2002, do 1 de xullo de 2002 (BOE do 5 de xullo) os premios nacionais de formación profesional como recoñecemento ao alumnado que rematou os seus estudos de formación profesional de grao superior»; debe dicir: «O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte creou mediante Orde EDU/2128/2011, do 15 de xullo de 2011 (BOE do 28 de xullo), os premios nacionais de formación profesional de grao superior establecidos pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación».