Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2012 Páx. 6480

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (502/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que a resolución ditada o día 17.1.2012 no proceso seguido por instancia de Víctor Manuel Anido Cortizas contra a empresa Piedras Rústicas Gallegas, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co número 502/2011, acordouse notificar á empresa Piedras Rústicas Gallegas, S.L., a seguinte sentenza cuxa resolución di o seguinte:

«Decido que, estimando a demanda interposta por Víctor Manuel Anido Cortizas contra a empresa Piedras Rústicas Gallegas, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ao demandante, e condeno a demandada a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 15.565,44 euros máis, en ambos os casos, o aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascende a 47,17 euros diarios.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio prazo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para interpoñer o recurso.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.»

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados de este xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento.

E, para que sirva de notificación á empresa Piedras Rústicas Gallegas, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 1 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial