Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2012 Páx. 6495

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ACORDO do 16 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se dá trámite de audiencia á entidade mercantil Ourense de Transportes, S.A., ao abeiro do artigo 14.5 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental (EMAS).

A entidade mercantil Ourense de Transportes, S.A., con CIF: A-32106809 e con domicilio en travesía de Vía Vella, 17, 32001 Ourense, solicitou no seu día a inscrición no Rexistro galego de centros adheridos ao sistema de xestión e auditoría ambiental, segundo o procedemento regulado no Decreto 185/1999, do 17 de xuño, referenciado no encabezamento.

Coa solicitude de inscrición xunta a declaración ambiental validada, así como o resto da documentación exixida no devandito Decreto 185/1999.

Con data do 23 de novembro de 2004 procédese á inscrición do centro sito na travesía de Vía Vella, 17, 32001 Ourense, e pertencente á dita entidade mercantil, no Rexistro galego de centros adheridos ao sistema de xestión e auditoría ambiental co número ES-GA-000039.

Na citada declaración ambiental facíase constar que a próxima validación e verificación se realizará en setembro de 2005 e a data límite para a súa presentación era o 30 de setembro de 2005. Rematado este prazo para a presentación da seguinte declaración ambiental validada, non se recibiu por parte de Ourense de Transportes, S.A. ningún tipo de comunicación.

Tras diversos intentos infrutuosos de comunicación coa empresa vía telefónica, enviouse comunicación escrita á dita entidade mercantil, mediante notificación con xustificante de recepción en varias ocasións, a última con data do 7.2.2011, sendo tamén estas comunicacións escritas devoltas polo servizo de Correos por descoñecidas en todos os intentos.

Considerando que o artigo 14.1 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental (EMAS), dispón que «1. Unha vez inscrito o centro no rexistro, se este non presentase a seguinte declaración ambiental validada no prazo fixado pola propia empresa na súa solicitude, que en ningún caso será superior a tres anos, e non pagase a taxa de rexistro, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental cancelará a inscrición do centro no rexistro e informará de tal medida a dirección do centro».

Considerando que o parágrafo 5 do mesmo precepto establece que «5. A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, antes de ordenar a suspensión ou cancelación da inscrición dun centro do rexistro, dará trámite de audiencia ao interesado concedéndolle un prazo de quince días para que presente as alegacións, documentos e xustificacións que considere oportunos. A resolución que acorde a suspensión ou cancelación da inscrición dun centro no rexistro será motivada e notificarase á Dirección do centro e ao Rexistro de Establecementos Industriais».

Este trámite de audiencia, así como a posterior resolución que se emita, correspóndelle ao secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, segundo os artigos 12 ao 14 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental, e o artigo 13.2.2 do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Ao abeiro do disposto no artigo 14.5 do devandito Decreto 185/1999, do 17 de xuño, concédese un prazo de quince días para formular alegacións e achegar os documentos e xustificacións que consideren convenientes, contados desde a notificación do presente acordo, como trámite previo á resolución de cancelación da inscrición no dito Rexistro galego de centros adheridos do sistema de xestión e auditoría ambiental (EMAS).

Vistos os preceptos sinalados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en virtude da competencia que lle outorgan o Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental, e o artigo 13.2.2 do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas,

ACORDA:

Darlle un trámite de audiencia á entidade mercantil Ourense de Transportes, S.A., con CIF: A-32106809, no seu centro da travesía de Vía Vella, 17, 32001 Ourense, concedéndolle un prazo de quince días contados desde a notificación do presente escrito para formular alegacións e achegar os documentos e xustificacións que considere convenientes.

Notifíqueselle á interesada, coa mención expresa dos requisitos exixidos polo artigo 58.2 da devandita Lei 30/1992, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2012.

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental