Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2012 Páx. 6410

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerceda

ANUNCIO de solicitude de licenza municipal de obra e de actividade para un proxecto denominado Proxecto de instalación dun taller de carpintaría metálica. Localizada no Polígono Industrial do Acevedo. Parcela núm. 35 (nave 2 e 3). Clave do expediente MAS/321 2011.

Antonio Pérez Patiño, actuando en nome de Fresno Metal, S.L e de Promotora Inmobiliaria Nevolido, S.L., solicitoulle a esta Alcaldía unha licenza de obra e de actividade para exercer unha actividade comercial de taller de carpintaría metálica.

Esta empresa situaríase na parcela núm. 35 (nave 2 e 3) do Polígono Industrial do Acevedo (Cerceda).

Xa que esta solicitude cumpre o disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese esta á información pública durante un prazo de 20 días co fin de que as persoas que dalgún xeito se consideraren afectadas pola actividade que se pretende instalar a poidan examinar na Área de Medio Ambiente e Sanidade deste concello e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se estimaren oportunas.

Este prazo de 20 días comezará a contar a partir do día seguinte a que se publique este edicto no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no Diario Oficial de Galicia.

Cerceda, 23 de xaneiro de 2012.

José García Liñares
Alcalde