Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2012 Páx. 6192

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2012, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (subgrupo A2), escala de xestión de sistemas da información, pola que se lle dá publicidade a diversos acordos referentes ao segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 9 de febreiro de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 11 de outubro de 2011 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas da información, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Que de conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria superaron o segundo exercicio os aspirantes que obtiveron a calificación de apto/a.

Segundo. Realizar os trámites oportunos para a publicación das valoracións obtidas polos aspirantes presentados ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (subgrupo A2), escala de xestión de sistemas da información, no lugar de realización do segundo exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Terceiro. De acordo coa base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de 10 días para presentar as alegacións que coiden oportunas con relación ás puntuacións obtidas. O prazo de 10 días comezará a contar desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De acordo coa base III.13 da convocatoria, os acordos do tribunal poderán ser obxecto de recurso de alzada ante o/a conselleiro/a competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2012.

Jaime Barros Leboreiro
Presidente do tribunal