Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2012 Páx. 6182

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 10 de febreiro de 2012 pola que se procede ao nomeamento como funcionarias do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos, das aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 17 de decembro de 2010.

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 17 de decembro de 2010 (DOG núm. 244, do 22 de decembro), e realizado o acto de elección de destino previsto na Orde do 27 de xaneiro de 2012 (DOG núm. 24, do 3 de febreiro), esta consellería, de conformidade co disposto no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e demais normas concordantes,

DISPÓN:

Nomear funcionarias do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos, as aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta orde, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos definitivos os que figuran no mesmo anexo, de acordo co acto de elección de destino que tivo lugar o día 10 de febreiro de 2012.

Para adquiriren a condición de funcionarias, as persoas a que se refire o anexo desta orde deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 47 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2012.

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Apelidos e nome

DNI

N.º

Código do posto

Cons.

Denominación

Nivel

Centro destino

Centro directivo

Concello

Observacións

Veiguela Fernández, Noa

76580162Y

2

FCA010000215770033

FC

Técnico/a facultativo/a medio

18

S.X. de Síntese, Análise e Difusión

Instituto Galego de Estatística

Santiago de Compostela

Fernández González, Lucía

44489593A

4

FCA010000315770043

FC

Técnico/a facultativo/a medio

18

S.X. de Produción Estatística

Instituto Galego de Estatística

Santiago de Compostela

Martín Vila, María

76927671P

1

FCA010000215770032

FC

Técnico/a facultativo/a medio

18

S.X. de Síntese, Análise e Difusión

Instituto Galego de Estatística

Santiago de Compostela

Xornada de tarde