Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2012 Páx. 6094

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2012 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello de Goberno da Universidade da Coruña do 15 de novembro de 2011, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo desta universidade.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Universidade da Coruña xustifícase polos seguintes motivos:

Primeiro. A fusión do Departamento de Construcións Navais e o Departamento de Enxeñaría Naval e Oceánica, con efectos do 1 de outubro de 2011.

Segundo. Coa implantación do Espazo Europeo de Educación Superior produciuse un cambio nas cargas de traballo entre a Escola Politécnica Superior e a Escola Universitaria Politécnica, que xustifican a solicitude de ambas as direccións para que se trasladase un posto dun centro ao outro.

En consecuencia o Consello de Goberno da Universidade da Coruña, na súa reunión do día 16 de novembro de 2011, adoptou o acordo de aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Universidade da Coruña, nos termos que se sinalan no anexo, acordo que foi informado favorablemente polo Pleno do Consello Social da Universidade da Coruña na sesión do 29 de novembro de 2011.

Visto este acordo, esta reitoría no uso das atribucións conferidas no artigo 36 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), resolve que se publique no Diario Oficial de Galicia a modificación da relación de postos de traballo desta universidade que se relaciona no anexo que se xunta.

A Coruña, 2 de febreiro de 2012.

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Na vixente relación de postos de traballo da Universidade da Coruña prodúcense as seguintes modificacións:

Primeira. Amortización de posto.

Amortízase o posto que a continuación se detalla:

Departamentos:

N.º posto 2008

N.º posto 2005

Posto

Denominación

Nivel

Tipo

Prov.

Grupo

Campus

432

699

Secretario administrativo

Construcións navais

18

N

C

C1, C2

F

Segunda. Redistribución de posto.

O posto que a continuación se relaciona adscríbese á Administración da Escola Politécnica Superior.

N.º posto 2008

N.º posto 2005

Posto

Vac.

Nivel

Tipo

Prov.

Grupo

Campus

371

612

Posto base

V

16

N

C

C1, C2

F