Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2012 Páx. 6093

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2012 pola que se fan públicos os convenios de colaboración asinados por este ente público no terceiro cuadrimestre do ano 2011.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración asinados no terceiro cuadrimestre do ano 2011 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2012.

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data da

sinatura

Achega de

Portos de Galicia

Portos de Galicia e o Concello de Baiona

Execución dun aliviadoiro na súa rede e evacuación de augas pluviais no porto de Baiona

31.5.11

Non ten

Portos de Galicia e a Universidade da Coruña

Desenvolvemento dun programa de cooperación educativa

15.6.11

Non ten

Portos de Galicia e a empresa Ence, S.L.

Regulación de tráficos de pasta de papel operados a través do porto de Ribadeo

15.6.11

Bonificación tarifa X3 prevista Lei taxas 6/2003

Portos de Galicia e o Concello de Mañón

Execución e mantemento do saneamento e depuración do núcleo do Barqueiro na zona de servizo do porto do Barqueiro (A Coruña)

20.9.11

Non ten

Portos de Galicia e a Garda Civil de Ribeira

Cesión de uso de parte dun dos locais dun inmoble sito no porto de Ribeira (A Coruña) con destino a dependencias oficiais das unidades da Garda Civil instaladas no dito porto

18.10.11

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Ribeira

Conservación e mantemento das obras de acondicionamento do contorno do porto de Aguiño

21.10.11

Non ten

Portos de Galicia, Inega e o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía

Estudo da capacidade de integración da eólica de pequena potencia nos portos de Galicia

11.11.11

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Foz

Mellora, conservación e mantemento das zonas axardinadas do porto de Foz

25.11.11

Non ten