Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 5972

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se publica a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as para vinculacións temporais, no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, de diversas categorías sanitarias de formación profesional (persoal técnico superior).

Por Resolución do 26 de outubro de 2011, da Dirección de Recursos Humanos, ábrese o prazo para inscrición de aspirantes de diversas categorías sanitarias de formación profesional (persoal técnico superior) para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

Na dita resolución prevese unha xeración de listas coas persoas inscritas ata a data 30.11.2011 que cumpran os requisitos determinados na anterior resolución.

Comprobados os datos correspondentes aos requisitos, e logo do acordo no seo da comisión central de seguimento do pacto de selección temporal, subscrito pola Administración sanitaria de Galicia e as centrais sindicais CC.OO., CEMSATSE, CIG, CSIF, UGT e USAE, publicado no DOG n.º 89, do 9 de maio de 2011, mediante Resolución conxunta do 26 de abril de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade e da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, procédese a dar publicidade das persoas admitidas e excluídas na dita xeración de listas, así como tamén nas áreas especiais.

As persoas excluídas poden consultar as causas de exclusión no seu expedient-e na epígrafe de procesos. A documentación declarada co estado de incompleta (DI) na epígrafe correspondente do expedient-e, así como os erros materiais en que incorresen as persoas aspirantes poden ser emendados no prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Unha vez resoltas as solicitudes de emenda, procederase á publicación dunha lista definitiva de excluídos e admitidos co resultado da baremación aplicada a estes últimos.

As persoas que non aparecen na relación de admitidos e excluídos é porque a súa inscrición se formalizou con posterioridade ao día 30.11.2011, polo que sairán na seguinte xeración de lista, de acordo co pacto citado.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2012.

M.ª Nieves Domínguez González
Xerente do Servizo Galego de Saúde