Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 5971

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2012, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), escala de subinspectores de consumo, en execución da sentenza do 13.7.2011, ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no procedemento ordinario 325/2009, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o 19 de xaneiro de 2012, o tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), escala de subinspectores de consumo, en execución da sentenza do 13.7.2011, ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no procedemento ordinario 325/2009 acorda, conforme as bases da convocatoria,

Primeiro. Convocar a Ana María Freire Pérez á realización do cuarto exercicio da fase de oposición que terá lugar o día 23 de febreiro de 2012, ás 16.00 horas, na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela.

Segundo. A aspirante deberá ir provista do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal.

Terceiro. O chamamento comezará ás 15.45 horas e será único, polo que se excluirá do proceso en caso de non comparecer. Así mesmo, non se permitirá na aula onde se realice o exercicio o acceso e tenenza de teléfonos móbiles, axendas electrónicas e calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio coa excepción de textos legais sen comentarios, excluiranse os libros de consulta ao abeiro do que se dispón na base II.2 da convocatoria.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2012.

Fernando Jorge Mora
Presidente do tribunal