Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 5962

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo subscrito polas partes asinantes do Convenio colectivo do sector da lousa das provincias de Ourense e Lugo relativo á aprobación da táboa salarial para o ano 2012.

Visto o texto do acordo subscrito con data do 17 de xaneiro de 2012, entre o representante de FITAG-UGT-Galicia, José Paradelo Arias, e o vicepresidente e representante da Asociación Gallega de Pizarristas, Jesús Vidal Corcoba, asinantes do Convenio colectivo do sector da lousa das provincias de Ourense e Lugo, relativo á aplicación da revisión salarial para o ano 2012, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG núm. 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2012.

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Os salarios establecidos no grupo 5.º para rachador, cortador, embalador e descargador de carros aplicaranse a aqueles traballadores que leven seis meses no desempeño do oficio, ata tal data o seu salario será o establecido para o auxiliar de oficios. Así mesmo, o salario establecido para o labrador aplicarase a aqueles traballadores que leven máis de dous anos no desempeño do oficio, xa que ata un ano o seu salario será o establecido para un cortador e dun a dous anos o seu salario será o seguinte: salario base: 32,17 euros, complemento de asistencia: 13,59, e salario/mes: 1.250,49 euros.

O establecido neste punto sobre salarios leva consigo a aplicación dos respectivos grupos de cotización á Seguridade Social, en función del.

Os traballadores menores de 17 anos e os de 17 anos terán, respectivamente, os salarios seguintes: salario base: 29,99 e 30,26 euros, complemento de asistencia: 2,58 e 3,95 euros, salario/mes: 953,88 e 990,75 euros.

Táboa salarial do convenio colectivo da lousa do ano 2012

Grupo prof.

Sal. base.

Complemento asis. D/T

Salario/mes

G.C.

G 1.

Licenciados

33,50

20,15

1.428,15

1

Enx. superiores

33,50

20,15

1.428,15

1

Enx. técnicos

33,40

19,74

1.416,54

2

Graduados sociais

33,40

19,74

1.416,54

2

Topógrafo

33,40

19,74

1.416,54

2

Dtres. áreas e serv.

33,28

19,11

1.399,71

3

Delineante

33,22

18,76

1.390,56

3

Práctico topógrafo

32,82

16,81

1.337,61

4

Axte. delineante

32,82

16,81

1.337,61

4

G 2.

Téc. administración

33,22

18,76

1.390,56

5

Oficial adtvo. 1.ª

33,05

18,15

1.372,65

5

Oficial adtvo. 2.ª

32,82

16,81

1.337,61

5

Auxiliar adtvo.

32,62

15,78

1.309,98

7

G 3.

Encargados

32,82

16,81

1.337,61

3

Mecánicos

32,62

15,78

1.309,98

8

Electricistas

32,62

15,78

1.309,98

8

Soldadores

32,62

15,78

1.309,98

8

Fontaneiros

32,62

15,78

1.309,98

8

Albaneis

32,62

15,78

1.309,98

8

Aux. oficios

31,71

11,33

1.189,23

10

G 4.

Encargados

32,82

16,81

1.337,61

3

Chofer

32,62

15,78

1.309,98

8

Condutor de pa

32,62

15,78

1.309,98

8

Barrenista/art

32,41

14,78

1.282,68

8

Auxi. oficios

31,71

11,33

1.189,23

10

G 5.

Encargados

32,82

16,81

1.337,61

3

Condutor de carretilla

32,41

14,78

1.282,68

8

Condutor de guindastre

32,41

14,78

1.282,68

8

Serrador

32,41

14,78

1.282,68

8

Labrador

32,41

14,78

1.282,68

8

Rachador

31,98

12,48

1.221,48

9

Cortador

31,98

12,48

1.221,48

9

Embalador

31,98

12,48

1.221,48

9

Distrib. rachón

31,98

12,48

1.221,48

9

Desc. carros

31,98

12,48

1.221,48

9

Limpadora

31,71

11,33

1.189,23

10

Auxi. oficios

31,71

11,33

1.189,23

10