Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 6021

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vílagarcía de Arousa (expediente IN407A 2012/11-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. rúa Cervantes-O Carril 36.

Situación: Vilagarcía de Arousa.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor tipo R.H.Z. de 334 metros de lonxitude, con orixe e final na L.M.T.S. ao C.T. praza da Liberdade unha vez que entre e saia do C.T. proxectado. Centro de transformación de 250 kVA, R.T. 20 kV/400-230 V, situado na rúa Cervantes 36, O Carril, Vilagarcía de Arousa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; edificio administrativo, avda. Fernández Ladreda 43, 5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 23 de xaneiro de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra