Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. Galegos.
Situación: O Porriño.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV con condutor tipo R.H.Z. de 184 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente no tramo ATI7120023, entre as derivacións aos C.C.T.T. Vilafría e A Insua, e final no C.T. proxectado Galegos. Centro de transformación de 250 kVA, R.T. 15 kV/400-230 V, situado na zona das Cavadas, O Porriño.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; edificio administrativo, avda. Fernández Ladreda 43, 5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 23 de xaneiro de 2012.
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra