Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 6015

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 4 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente ANP-CO-0056-2011-V.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola instrutora.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na praza de Luís Seoane, s/n; edificio administrativo Monelos, 3.º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

A Coruña, 4 de xaneiro de 2012.

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: ANP-CO-0056-2011-V.

Denunciada: Clara Vázquez Gómez.

Acto de notificación: proposta de resolución.