Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 6013

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 8 de febreiro de 2012 pola que se acorda declarar deserta a adxudicación do procedemento de venda, na segunda poxa, de dous inmobles procedentes da antiga Cámara Agraria Local de Santiago de Compostela.

Por Orde desta Consellería de Facenda do 28 de febreiro de 2011 (DOG núm. 63, do 30 de marzo), e 1 de xullo de 2011 (DOG núm. 143, do 27 de xullo), foi declarada a alleabilidade de dous inmuebles da antiga Cámara Agraria Local de Santiago de Compostela, dos cales foi autorizado o seu alleamento mediante poxa, por resolución da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio do 19 de outubro de 2011.

Logo de celebrarse a primeira poxa pública e de publicarse no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 6, do 10 de xaneiro de 2012) a Orde do 20 de decembro de 2011, pola que se acorda a venda duns inmobles procedentes da antiga Cámara Agraria Local de Santiago de Compostela e se declara deserta a adxudicación do resto de inmobles, tivo lugar o día 17 de xaneiro de 2012 a segunda poxa pública anunciada, co que á vista das actas da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar deserta en segunda poxa a adxudicación das seguintes parcelas:

1. Parcela n.º 94, Novais, situada en San Martiño de Laraño (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 850 m2, que segundo o rexistro da propiedade linda: norte, con María Suárez Blanco; sur, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; leste, María Suárez Blanco; e oeste, Ramón Rey Pais. Referencia catastral: 15079A509000940000FW. Inscrita no Rexistro da Propiedade n.º 2 de Santiago de Compostela como predio n.º 22.970, tomo 1.202, libro 244 e folio 204.

2. Parcela n.º 354, Cortiña de Pazo, situada no lugar de Coira (Ames), cunha superficie aproximada de 936 m2, que segundo o rexistro da propiedade linda: norte, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, con zona excluída; leste, con zona excluída e oeste con Castora Viqueira Gendra. Referencia catastral: 3751701NH3435S0001JG. Inscrita no Rexistro da Propiedade n.º 2 de Santiago de Compostela como predio n.º 22.992, tomo 1.202, libro 244 e folio 215.

De acordo co disposto na cláusula décimo primeira do prego de condicións deste alleamento, realizarase terceira poxa o día 17 de febreiro de 2012 na aula do baixo do edificio administrativo da rúa Pastoriza 8 de Santiago de Compostela, a partir das 10.00 horas, con rebaixa no tipo de taxación dun 30% respecto do tipo da primeira poxa, se así o acorda o presidente da mesa, (teléfono de información 881 99 772-981 54 41 51).

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2012.

P.D. (Orde 9.1.2012)
M.ª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda