Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2012 Páx. 5919

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de información pública sobre instalación de taller de reparación e compravenda de vehículos no polígono industrial do Morelle.

Talleres Visuto, S.L.L. solicitou desta alcaldía licenza municipal para instalación de taller de reparación e compravenda de vehículos, no polígono industrial O Morelle, parcela 18, deste concello. En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles, co obxecto de que durante este poida examinar o expediente, na Secretaría deste concello, e se poidan formular as alegacións que se consideren oportunas.

Sarria, 23 de xaneiro de 2012.

José Antonio García López
Alcalde