Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2012 Páx. 5920

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Touro

ANUNCIO de información pública sobre estación de servizo en Touro, no lugar de Fonte Díaz.

Eva Gómez Portela, en representación de Explotaciones Gallegas, S.L. solicitou desta alcaldía licenza municipal para estación de servizo en Touro, no lugar de Fonte Díaz, na parroquia de Touro. En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se xulguen oportunas.

Touro, 18 de xaneiro de 2012.

Ignacio Codesido Barreiro
Alcalde