Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2012 Páx. 5881

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 11/2011).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado L.M.T., C.T. r/ San Fernando, 9.

Situación: concello da Coruña.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 0,018 km, con orixe na L.M.T.S. EPU-705 Sirena entre o C.T. San Fernando e o C.T. Vereda do Polvorín, condutor tipo 2R.H.Z.1-2OL-12-720 kV-3(1×240 Al) e final en empalmes que se van realizar na L.M.T.S. EPU-705 Sirena entre o C.T. San Fernando e o C.T. Vereda do Polvorín, despois de realizar entrada e saída no C.T. San Fernando 9, proxectado. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071-A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 18 de xaneiro de 2012.

P.A. (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial