Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2012 Páx. 5874

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 23 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública o proxecto de solicitude de licenza municipal de actividade para a construción de colectores xerais de saneamento e nova estación depuradora de augas residuais en Barcala (fase I), concellos da Baña e Negreira. (Expediente CO/0301/2011).

De conformidade co disposto na disposición adicional terceira do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública durante un prazo de 20 días o expediente CO/0103/2011, co fin de que calquera interesado poida examinalo e, se é o caso, formular as alegacións que considere convenientes, en horas de atención ao público, na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (praza Luís Seoane, s/n, 15008 A Coruña), no concello de Negreira (rúa do Carme, 3, 15830, Negreira, A Coruña) e no concello de A Baña (praza do concello, s/n, 15863 A Baña, A Coruña).

A Coruña, 23 de xaneiro de 2012

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña