Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2012 Páx. 5626

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (883/2009).

Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de demanda 883/2009 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosario Romarís Lens contra a empresa Cerne Comercio del Mueble, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte sentenza na data do 8.11.2011 a maxistrada xuíza María Paz Filgueira Paz, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Polo exposto, acollo a demanda interposta pola parte demandante Rosario Romarís Lens, e condeno a parte demandada, a entidade Cerne Comercio del Mueble, S.L., a aboar á parte demandante a cantidade de 2.554,50 euros máis o 10% de mora.

Esta resolución notifícase ás partes facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 5 días, e indicando que para poder acceder ao recurso a demandada deberá exhibir ante este xulgado o xustificante acreditativo de depositar na conta deste xulgado do social, número identificador 1589, aberta no Banco Banesto, a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 60), podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista, e acreditar tamén depositar na indicada conta (clave de ingreso 65) a cantidade de 150,25 euros preceptivas para interpor recurso, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación de forma legal a Cerne Comercio del Mueble, S.L., en paradoiro descoñecido, expido esta cédula de notificación para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que teñan forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamentos.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial