Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2012 Páx. 5660

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 16 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica resolución de recursos a solicitante de procedementos xestionados nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 61 e 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP-PAC), ao ser devolta polo servizo de Correos a notificación enviada no seu día de resolución de recurso de alzada instado pola interesada, publícase mediante este edicto o contido da resolución, contra a cal poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e no artigo 91 da Lei 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998.

Poderá comparecer persoalmente ou debidamente representada, na Xefatura Territorial de Traballo e Benestar de Vigo (rúa Concepción Arenal, n.º 8-1.º), para os efectos do coñecemento do texto íntegro da resolución e do resto do expediente.

Vigo, 16 de xaneiro de 2012.

M.ª Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Apelidos e nome: Barreiro Crespo, Vanessa.

DNI/NIE: 53180480-H.

N.º expte.: 36057031104.

Concello: Vigo.

Documentación, recurso: RISGA.