Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2012 Páx. 5659

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 17 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social (RL 2007/0331-4).

Ao non ser atopado no enderezo coñecido por esta xefatura territorial o titular da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, a fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia (paralizado o 24.5.2007), ao ter entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo a sentenza firme recaída no procedemento abreviado n.º 324/2010, polo accidente laboral do traballador Manuel Gómez Rey.

Os documentos que constan no expediente son:

• Acta de infracción.

• Xustificante de notificación (8.5.2007).

• Escrito de alegacións da empresa solidaria (16.4.2007).

• Sentenza firme recaída no procedemento.

A ausencia de alegacións dentro do prazo legal permite confirmar a acta, en aplicación da presunción de veracidade que lle recoñece o artigo 53.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Concédeselle un prazo de dez días hábiles para formular as alegacións que xulgue pertinentes. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Expediente: RL 2007/0331-4.

Acta n.º: 239/07.

Empresa: Castro Galicia, S.A.

NIF: A-08829574.

Enderezo: Deputación, 256-4.º-2.º

Vigo, 17 de xaneiro de 2012.

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo