Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2012 Páx. 5629

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a notificación das resolucións dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás cales non se lles puido facer por correo certificado, as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.

Contra estas resolucións poderán interpoñer os interesados recurso de alzada, ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Advírtase que de non ser interposto este en tempo e forma, terán que aboar a multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e que poden recoller nas dependencias da xefatura territorial da consellería, a favor do Tesouro da Facenda galega, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo constar o número do expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo procederase ao cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Lugo, 20 de xaneiro de 2012.

Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nome

DNI/NIF

N.º expte.

Precepto infrinxido

Último domicilio

Resolución

Bar Losada (Andrés Manuel Losada Pereira)

76571512

LU-E 155/2011

23.e) L.O. 1/1992

Rúa Ponte Veiga, n.º 149-baixo, Guitiriz

Multa de 310 €

María Ángeles de la Fuente Iglesias

33271714

LU-E 279/2011

26.e) L.O. 1/1992

Rúa do Porto, n.º 17-2.º C, Foz

Multa de 300 €

Pedro Jesús Cruz Santamaría

33556541

LU-E 283/2011

26.e) L.O. 1/1992

Rúa Río Sil, n.º 37-4.º B, Lugo

Multa de 90 €

Miguel Montes dos Santos

33316792

LU-E 287/2011

23.o) en relación co 26.e) L.O. 1/1992

Rúa Tui, n.º 41-baixo, Lugo

Multa de 4.800 €

Mar Ribadeo

E27166917

LU-E 294/2011

26.e) L.O. 1/1992

Avda. de Galicia, s/n, Ribadeo

Multa de 90 €

Josma Hostelería de Ribadeo, S.L.

B27314079

LU-E 295/2011

26.e) L.O. 1/1992

Avda. de Galicia, n.º 3-baixo, Ribadeo

Multa de 90 €