Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2012 Páx. 5631

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a notificación das propostas de resolución de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás cales non se lles puido facer por correo certificado, as propostas de resolución ditadas nos expedientes de sanción por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.

O interesado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para poder examinar o expediente no Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior desta xefatura territorial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Lugo, 20 de xaneiro de 2012.

Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nome

DNI/NIF

N.º de
expediente

Precepto infrinxido

Último domicilio

Proposta de sanción

Copas Plus, S.L. (Enrique López Rivera)

B-27288364

LU-E 243/11

26.e) da L.O. 1/1992

r/ Melitón Cortiñas 18, 2.º, Viveiro

150 €