Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5518

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (594/2009).

Juan Rey Pita, secretario do Social número 3 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Manuel Ortoño Turnes contra Parrillada Chapa Churrasco, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 594/2009 ditouse o seguinte auto:

«Auto.

Na Coruña, o vinte e tres de decembro de dous mil once.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Que, con data do 29 de xullo de 2011 ditou sentenza este xulgado do social en autos de demanda 594/2009.

Segundo. O 8 de novembro presentou escrito Manuel Ortoño Turnes, solicitando rectificación de sentenza.

Razoamentos xurídicos.

Primeiro. Conforme se establece no artigo 267 da Lei orgánica do poder xudicial, os erros materiais manifestos e os erros aritméticos das sentenzas e autos definitivos poderán ser rectificados en calquera momento, de oficio ou por instancia de parte.

Segundo. No presente caso existen erros en canto ás cantidades consignadas no antecedente de feito primeiro, feito probado primeiro e ditame da sentenza, posto que neles se consignan cantidades que non se corresponden coa solicitada na demanda que é de 3.532,56 euros.

Dispoño que examinada de feito a sentenza apréciase a necesidade de aclarala no sentido que a seguir se di:

No antecedente de feito primeiro, onde di: «4.933,24 euros», debe dicir: «3.532,56 euros».

No feito probado primeiro, onde di: «2.551,36», debe dicir: «3.532,56».

No ditame da sentenza, onde di: «2.551,36», debe dicir: «3.532,56».

Notifíquese esta resolución ás partes advertindo que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún distinto do recurso de suplicación que, se é o caso, se formule contra a sentenza.

Así, por este auto, mándao e asínao o maxistrado Fernando Ferreiro Rozas. Dou fe».

E para que sirva de notificación a Parrillada Chapa Churrasco, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2012.

O secretario xudicial