Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5520

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2012 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 0000903/2011, correspondente ao recurso contencioso-administrativo interposto por Telecidade, S.A. contra a Resolución do 28 de xullo de 2011, do secretario xeral de Medios, relativa aos expedientes sancionadores acumulados SXMEDIOS 1/2011 e SXMEDIOS 2/2011.

A Secretaría Xeral de Medios recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia oficio polo que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 0000903/2011, interposto por José Manuel Lado Fernández, en nome e representación de Telecidade, S.A., contra a Resolución do 28 de xullo de 2011, do secretario xeral de Medios, relativa aos expedientes sancionadores acumulados SXMEDIOS 1/2011 e SXMEDIOS 2/2011.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou mediante Resolución do 27 de xaneiro de 2012 e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica aos restantes interesados Rías Baixas de Producciones, Vídeo y Televisión, S.A. e Unión Televisiones Gallegas, S.A. e para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da recepción deste emprazamento e, en todo caso, ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2012.

Alfonso Cabaleiro Durán
Secretario xeral de Medios