Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5514

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2012 pola que se corrixen os erros que foron advertidos na Resolución do 16 de xaneiro de 2012 pola que se convocan probas selectivas para a provisión de prazas de técnicos especialistas de laboratorio, polo sistema de promoción interna e de acceso libre, vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade.

Unha vez advertidos erros no punto primeiro da Resolución do 16 de xaneiro de 2012 pola que se convocan probas selectivas para a provisión de prazas de técnicos especialistas de laboratorio polo sistema de promoción interna e de acceso libre, vacantes no cadro de persoal laboral da Universidade da Coruña (DOG do 26 de xaneiro), esta reitoría, segundo o que dispón o artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, rectifica e publica os devanditos erros do xeito que se indica:

Onde di:

Área

Número de prazas

Quenda

Observacións

Sanitaria

1

Por promoción interna

Debe dicir:

Área

Número de prazas

Quenda

Observacións

Sanitaria

1

Por quenda libre

Onde di:

«Para estes efectos as persoas aspirantes deberán presentar a solicitude debidamente cuberta, indicando todos os datos que se requiren no impreso que figura como anexo IV....»

Debe dicir:

«Para estes efectos as persoas aspirantes deberán presentar a solicitude debidamente cuberta, indicando todos os datos que se requiren no impreso que figura como anexo III....»

Onde di:

«1. Solicitudes.

1.1. As persoas que desexen tomar parte nestas probas selectivas deberán solicitalo no impreso segundo modelo que figura como anexo IV desta convocatoria e deberán...»

Debe dicir:

«1. Solicitudes.

1.1. As persoas que desexen tomar parte nestas probas selectivas deberán solicitalo no impreso segundo modelo que figura como anexo III desta convocatoria e deberán...»

Onde di:

«Fase de concurso: 40 puntos.

A antigüidade, ata un máximo de 30 puntos, valorarase a razón de 0,625 puntos por mes na categoría de técnico especialista de laboratorio, grupo III, e 0,15 puntos por mes na mesma categoría e grupo noutras administracións.»

Debe dicir:

«Fase de concurso: 40 puntos.

A antigüidade, ata un máximo de 30 puntos, valorarase a razón de 0,625 puntos por mes na categoría de técnico especialista de laboratorio, grupo III na UDC, e 0,15 puntos por mes na mesma categoría e grupo noutras administracións.»

Esta corrección non supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2012.

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña